Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Saímos na prensa

Nova de prensa  de hoxe relativa á reunión transnacional levada a cabo en Huelva na primeira semana de decembro correspondente ao Proxecto K202 que temos operativo, traballando sobre Transferencias Europeas de Habilidades. Seguimos traballando!!!

Convocatoria de mobilidades

Está aberta a convocatoria de mobilidades para desenvolver a FCT no curso 2018-19. Hai vacantes unha praza para Ciclos Superiores e 7 prazas para Ciclos Medios (pendentes de aprobación pola Axencia Nacional) para alumnado que está a realizar o 2º curso destes ciclos. Lembrade que son movilidades en países da UE, e que as prazas son becadas, pero estas becas varían moito segundo sexan de CM ou CS e o país de destino. Podedes descargar aquí o formulario para solicitar estas prácticas. Deberedes cubrilo e entregalo en Secretaría para que o rexistren e vos dean unha copia do mesmo. Pedide información ás e os titores, que tiveron unha reunión informativa conmigo o venres pasado, e se non, xa sabedes que me tedes a disposición os xoves de 12 a 13 horas no Viveiro de empresas, e estarei encantada de darvos toda a información da que dispoño. Animádevos que o prazo remata o día 10 de xaneiro .

Queres facer a FCT no extranxeiro?

Dende a Coordinación de Programas Internacionais poñemos en marcha as mobilidades de alumnado para o curso 2018-2019. Se estudias agora mesmo  1º curso de calquera Ciclo , o ano que ven podes desenvolver a FCT no extranxeiro . As contías das becas dependen de se estudas un ciclo medio ou superior, e tamén do país no que queiras desenvolver esas prácticas. Estas semanas estou a impartir charlas nas aulas de 1º con información sobre estas mobilidades, pero se ainda non fun a túa e tes interese nestes proxectos, contacta coa Coordinadora de Programas Internacionais (Mamen Teijido) e recibirás toda a información. Próximamente teredes a disposición tanto nas aulas coma en conserxería un formulario para que vos poidades preinscribir nestas mobilidades. Teredes que cubrilo e metelo por rexistro en Secretaría. Moi pronto vos ampliarei esta información Apura, que as prazas son limitadas e o prazo vai correndo... TES ATA O 15 DE XANEIRO!!!!!

Xornadas SEPIE Almería e Badaxoz

Imaxe
Como parte da función de Coordinación de Programas Internacionais, para formarnos e poder seguir na liña de ser un centro de referencia na posta en marcha de programas europeos, no mes de outubro participamos en dúas xornadas organizadas pola Axencia Nacional, unha en Almería e outra en Badaxoz. Auditorio da Universidade de Almería Ese 1 sobre Galicia é o noso proxecto de Alianzas Estratéxicas Xornadas Transfronteirizas España-Portugal (Badaxoz) Auditorio Siglo XXI en Badaxoz

Visitas