Queres facer a FCT no extranxeiro?

Dende a Coordinación de Programas Internacionais poñemos en marcha as mobilidades de alumnado para o curso 2018-2019. Se estudias agora mesmo 1º curso de calquera Ciclo, o ano que ven podes desenvolver a FCT no extranxeiro. As contías das becas dependen de se estudas un ciclo medio ou superior, e tamén do país no que queiras desenvolver esas prácticas.

Estas semanas estou a impartir charlas nas aulas de 1º con información sobre estas mobilidades, pero se ainda non fun a túa e tes interese nestes proxectos, contacta coa Coordinadora de Programas Internacionais (Mamen Teijido) e recibirás toda a información.

Próximamente teredes a disposición tanto nas aulas coma en conserxería un formulario para que vos poidades preinscribir nestas mobilidades. Teredes que cubrilo e metelo por rexistro en Secretaría. Moi pronto vos ampliarei esta información

Apura, que as prazas son limitadas e o prazo vai correndo...

TES ATA O 15 DE XANEIRO!!!!!

Comentarios

Visitas

Publicacións populares deste blog

Praza vacante de FCT para alumnado de ciclo superior

Seguídenos nas redes sociais!!!!

Mobilidades setembro-decembro 2019