Praza vacante de FCT para alumnado de ciclo superior

Hai unha praza vacante ofertada para desenvolver a FCT dun país da UE para alumnado de ciclos superiores. Podes descargar aquí o formulario para presentar a túa solicitude e presentalo por rexistro na Secretaría do Centro. O prazo remata o 21 deste mes, así que apura se tes interese!!!

Será publicada no taboleiro de anuncios do CIFP e a baremación das mesma no caso de que houbera máis solicitudes que prazas. Despois teredes 5 días para facer as reclamacións que consideredes, e pasado ese prazo publicarase a listaxe definitiva.

O baremo empregado será o establecido pola Consellería, recollido no artigo 4 da resolución.

Para calquera información, poñédevos en contacto conmigo!
Un saúdo,
Mamen Teijido
Coordinadora de Programas Internacionais

Comentarios

Visitas

Publicacións populares deste blog

Seguídenos nas redes sociais!!!!

Mobilidades setembro-decembro 2019