Mobilidades setembro-decembro 2019
Se vas desenvolver as prácticas do ciclo (medio ou superior) no periodo de setembro a decembro do curso que ven, e estás interesada/o en desenvolvelas nun país da Unión Europea, está aberto o prazo atao día 15 de xuño para presentar a solicitude.
IMPORTANTE: Este proceso selectivo de candidatos para mobilidades KA102 (ciclo medio) e KA103 (ciclo superior) periodo setembro - decembro 2019 está condicionado á concesión do proxecto á Consellería de Educación.
Dende aquí podes descargar o formulario para facer a solicitude, que rexistrarás na Secretaría do Centro (queda cunha copia). O baremo que se empregará para a prelación de solicitudes é este.
Xunto coa solicitude cuberta e asinada deberás incluír, se tes, calquera certificación de idiomas da que dispoñas.
Para calquera información adicional, mandádeme un mail a internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com
Tamén estou á vosa disposición os xoves de 12 a 13 horas no Departamento de Coordinacións (1º planta do edificio central, aula 109).
Esta información irei transmitíndoa igualmente polas aulas para falalo presencialmente.
Animádevos!!!!!!

Comentarios
Publicar un comentario