Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2019

Novas dende Florencia

Imaxe
Dende a cidade italiana de Florencia, PAula Otero (CM ATPERD) e Dani Porta (CM INSTEL) cóntannos como se desenvolve a súa estancia realizando alí as prácticas da FCT "En canto á miña experiencia na FCT no estranxeiro, non teño queixa; a relaci´ón coa empresa de traballo e os compañeiros é xenial. Coñecer sitios novos, coa súa xente e cultura, é marabilloso. TAmén ten as súas partes malas... (canta morriña), pero iso xa depende de cada un!! É unha experiencia que todo o mundo debería de experimentar" (Paula) "As FCT no estranxeiro son unha moi boa experiencia na que coñeces un novo lugar cun idioma diferente ao noso e no que teñen diferentes costumes; ademais coñeces persoas diferentes de moitos lugares, e adquires novos coñecementos coa realización das prácticas. Ainda que non todo vai ser bo... tamén se bota de menos estar na casa e cos amigos de sempre" (Dani)

Mobilidades para alumnado que titula en xuño

Imaxe
Se agora en xuño rematas UN CICLO MEDIO calquera das especialidades que temos no CIFP A Xunqueira, podes solicitar unha mobilidade para realizar prácticas nun país da UE durante 100 días. A información relativa a estas mobilidades (duración, requisitos, importe das axudas...) tédela resumida aquí e exposta no taboleiro dos programas internacionais. Tedes que solicitala co modelo de solicitude que podedes recoller en conserxería ou descargar aquí . O baremo que rixe a prelación de solicitudes é o establecido pola Deputación de Pontevedra para estas mobilidades. Para calquera dúbida ou información preguntade pola Coordinadora dos Programas, Mamen Teijido, ou solicitádea por correo electrónico a internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com Tedes de prazo dende mañá día 13 de xuño ata o 15 de xullo para solicitalas. Animádevos!!!!

Mobilidades curso 2019-2020

Dende o Consorcio da Consellería de Educación, do que formamos parte, informan da aprobación por parte da Axencia Nacional de dous proxectos que permitirán mobilidades tanto para alumnado como para docentes de ciclo medio e superior para o curso que ven. Lembrade que o alumnado que queira realizar a FCT no primeiro trimestre deste vindeiro curso está en prazo para presentar as solicitudes e documentación para ser baremadxs . O prazo amplíase ata o 30 de xuño. Teredes que cubrir a solicitude, aportando a documentación requerida para a baremación (títulos académnicos e de idiomas) e metela por rexistro na Secretaría do CIFP. Unha vez rematado o prazo, publicaranse aquí e nos taboleiros as listaxes de baremación provisionais e posteriormente as definitivas... e o curso que ven.... A facer prácticas no extranxeiro!!! Estamos de noraboa! #Erasmus+ #InternacionalizandoCIFPXunqueira

Visitas