Mobilidades curso 2019-2020

Dende o Consorcio da Consellería de Educación, do que formamos parte, informan da aprobación por parte da Axencia Nacional de dous proxectos que permitirán mobilidades tanto para alumnado como para docentes de ciclo medio e superior para o curso que ven.
Lembrade que o alumnado que queira realizar a FCT no primeiro trimestre deste vindeiro curso está en prazo para presentar as solicitudes e documentación para ser baremadxs. O prazo amplíase ata o 30 de xuño.
Teredes que cubrir a solicitude, aportando a documentación requerida para a baremación (títulos académnicos e de idiomas) e metela por rexistro na Secretaría do CIFP. Unha vez rematado o prazo, publicaranse aquí e nos taboleiros as listaxes de baremación provisionais e posteriormente as definitivas... e o curso que ven.... A facer prácticas no extranxeiro!!!
Estamos de noraboa!
#Erasmus+
#InternacionalizandoCIFPXunqueira

Comentarios

Visitas

Publicacións populares deste blog

Praza vacante de FCT para alumnado de ciclo superior

Seguídenos nas redes sociais!!!!

Mobilidades setembro-decembro 2019