Mobilidades para alumnado que titula en xuño

Se agora en xuño rematas UN CICLO MEDIO calquera das especialidades que temos no CIFP A Xunqueira, podes solicitar unha mobilidade para realizar prácticas nun país da UE durante 100 días.
A información relativa a estas mobilidades (duración, requisitos, importe das axudas...) tédela resumida aquí e exposta no taboleiro dos programas internacionais.
Tedes que solicitala co modelo de solicitude que podedes recoller en conserxería ou descargar aquí.
O baremo que rixe a prelación de solicitudes é o establecido pola Deputación de Pontevedra para estas mobilidades.
Para calquera dúbida ou información preguntade pola Coordinadora dos Programas, Mamen Teijido, ou solicitádea por correo electrónico a internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com
Tedes de prazo dende mañá día 13 de xuño ata o 15 de xullo para solicitalas.
Animádevos!!!!

Comentarios
Publicar un comentario