Mobilidades fóra da Unión Europea



A través do Consorcio da Comsellería imos solicitar de cara ao curso que ven que alumnado e docentes de ciclos superiores poidades desenvolver mobilidades en países fóra da UE, proxecto que está por suposto, pendente de aprobación, polo que necesitamos saber se hai demanda por parte de profes e alumnado destas mobilidades, cuxo obxecto é a realización dunha breve estancia formativa nunha institución do país de acollida para formación, aprendizaxe por observación e intercambio de boas prácticas.

No caso das nosas familias profesionais, os socios que oferta a Consellería non se adaptan para a familia de Madeira, Moble e Cortiza, nin para a de Automoción, que non dispón de ciclos superiores.

Así, os potenciais centros de intercambio serían:

Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade:
  • Exipto: Mansoura University 
  • Cabo Verde: Universidade de Cabo Verde 
  • India: Dr. Babbasahed University 
  • Paraguay: Universidade Autónoma de Encarnación 
  • Uganda: Universidade de Kisubi 

- Familia de Electricidade e Electrónica:
  • Exipto: Mansoura University 
  • Bosnia: Logos Centar 
  • Cabo Verde: Universidade de Cabo Verde 
  • Uganda: Universidade de Kisubi

Comentarios

  1. SOY ALUMNO DE MODULAR, SUPERIOR DE AUTOMOCIÓN, QUISIERA SABER SI TENGO PROGRAMA ERASMUS DISPONIBLE, SALUDOS¡

    ResponderEliminar
  2. Ola Manuel! Ponte en contacto conmigo por correo electrónico (mándame un teléfono e te chamo por se non poideras estar polas mañás, que é cando teño atención ao alumnado) e te chamo.
    Saudiños!!

    internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Visitas

Publicacións populares deste blog

Praza vacante de FCT para alumnado de ciclo superior

Seguídenos nas redes sociais!!!!

Mobilidades setembro-decembro 2019