Mobilidades docentes

Está aberto o prazo para presentar as solicitudes e os documentos para desenvolver as 8 mobilidades docentes correspondentes ao programa 2018-1-ES01-KA116-048952 (Seguimento da FP Dual en Europa). 
Dende aquí podedes descargar o documento de solicitude, e aquí tedes o baremo polo que se establecerá a listaxe de adxudicación desas mobilidades. A solicitude tamén a tedes á vosa disposición en conserxería, e o baremo, exposto no taboleiro dos Programas Internacionais.
A solicitude e a documentación para baremar será entregada en Secretaría para pasar por rexistro.
O prazo está aberto ata o día 21 de xuño.
Posteriormente reunirase a Comisión de baremación do CIFP, sendo publicada aquí, na web do centro e nos taboleiros a listaxe de solicitudes coa baremación correspondente, abríndose un prazo de 5 días posteriores a esta publicación para as posibles reclamacións, publicándose pasado este prazo, a listaxe definitiva.

Comentarios

Visitas

Publicacións populares deste blog

Praza vacante de FCT para alumnado de ciclo superior

Seguídenos nas redes sociais!!!!

Mobilidades setembro-decembro 2019