Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Mobilidades a Cabo Verde

Imaxe
Este ano o CIFP A Xunqueira sairá das fronteiras da UE por primeira vez para realizar unha serie de mobilidades con centros formativos de Cabo Verde. En total son 7 as mobilidades solicitadas e concedidas, así que teremos a 2 estudantes e 2 docentes de Cabo Verde nun periodo formativo no noso CIFP, e 3 docentes do noso centro viaxarán a aquel país para realizar alí tamén un periodo formativo. Vai ser toda unha experiencia que seguro terá consecuencias moi positivas para todxs!!!

Mobilidades docentes

No Programa Erasmus+ non só hai moilidades para alumnado, senón que as e os profes tamén poden coñecer outras formas de traballar no estranxeiro, e no CIFP A Xunqueira temos tamén proxectos asociados a mobilidades docentes. Está xa publicada a listaxe provisional de baremación das solicitudes presentadas para estas mobilidades asociadas ao proxecto Erasus + 2018-1-ES01-KA116-048952 . #Erasmusplus @Sepie_gob

Mobilidades setembro-decembro ciclo medio

Rematado o prazo para posibles reclamacións, publícase hoxe a listaxe definitiva de solicitudes de alumnado de ciclo medio para desenvolver a súa FCT no extranxeiro coa baremación correspondente... Un alumno e unha alumna que vivirán a experiencia Erasmus+ no primeiro trimestre do curso que ven... e tí... non te animas????

Novas dende Florencia

Imaxe
Dende a cidade italiana de Florencia, PAula Otero (CM ATPERD) e Dani Porta (CM INSTEL) cóntannos como se desenvolve a súa estancia realizando alí as prácticas da FCT "En canto á miña experiencia na FCT no estranxeiro, non teño queixa; a relaci´ón coa empresa de traballo e os compañeiros é xenial. Coñecer sitios novos, coa súa xente e cultura, é marabilloso. TAmén ten as súas partes malas... (canta morriña), pero iso xa depende de cada un!! É unha experiencia que todo o mundo debería de experimentar" (Paula) "As FCT no estranxeiro son unha moi boa experiencia na que coñeces un novo lugar cun idioma diferente ao noso e no que teñen diferentes costumes; ademais coñeces persoas diferentes de moitos lugares, e adquires novos coñecementos coa realización das prácticas. Ainda que non todo vai ser bo... tamén se bota de menos estar na casa e cos amigos de sempre" (Dani)

Mobilidades para alumnado que titula en xuño

Imaxe
Se agora en xuño rematas UN CICLO MEDIO calquera das especialidades que temos no CIFP A Xunqueira, podes solicitar unha mobilidade para realizar prácticas nun país da UE durante 100 días. A información relativa a estas mobilidades (duración, requisitos, importe das axudas...) tédela resumida aquí e exposta no taboleiro dos programas internacionais. Tedes que solicitala co modelo de solicitude que podedes recoller en conserxería ou descargar aquí . O baremo que rixe a prelación de solicitudes é o establecido pola Deputación de Pontevedra para estas mobilidades. Para calquera dúbida ou información preguntade pola Coordinadora dos Programas, Mamen Teijido, ou solicitádea por correo electrónico a internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com Tedes de prazo dende mañá día 13 de xuño ata o 15 de xullo para solicitalas. Animádevos!!!!

Mobilidades curso 2019-2020

Dende o Consorcio da Consellería de Educación, do que formamos parte, informan da aprobación por parte da Axencia Nacional de dous proxectos que permitirán mobilidades tanto para alumnado como para docentes de ciclo medio e superior para o curso que ven. Lembrade que o alumnado que queira realizar a FCT no primeiro trimestre deste vindeiro curso está en prazo para presentar as solicitudes e documentación para ser baremadxs . O prazo amplíase ata o 30 de xuño. Teredes que cubrir a solicitude, aportando a documentación requerida para a baremación (títulos académnicos e de idiomas) e metela por rexistro na Secretaría do CIFP. Unha vez rematado o prazo, publicaranse aquí e nos taboleiros as listaxes de baremación provisionais e posteriormente as definitivas... e o curso que ven.... A facer prácticas no extranxeiro!!! Estamos de noraboa! #Erasmus+ #InternacionalizandoCIFPXunqueira

Mobilidades docentes

Está aberto o prazo para presentar as solicitudes e os documentos para desenvolver as 8 mobilidades docentes correspondentes ao programa 2018-1-ES01-KA116-048952 (Seguimento da FP Dual en Europa).  Dende  aquí  podedes descargar o documento de solicitude, e  aquí  tedes o baremo polo que se establecerá a listaxe de adxudicación desas mobilidades. A solicitude tamén a tedes á vosa disposición en conserxería, e o baremo, exposto no taboleiro dos Programas Internacionais. A solicitude e a documentación para baremar será entregada en Secretaría para pasar por rexistro. O prazo está aberto ata o día 21 de xuño. Posteriormente reunirase a Comisión de baremación do CIFP, sendo publicada aquí, na web do centro e nos taboleiros a listaxe de solicitudes coa baremación correspondente, abríndose un prazo de 5 días posteriores a esta publicación para as posibles reclamacións, publicándose pasado este prazo, a listaxe definitiva.

Mobilidades setembro-decembro 2019

Se vas desenvolver as prácticas do ciclo (medio ou superior) no periodo de setembro a decembro do curso que ven, e estás interesada/o en desenvolvelas nun país da Unión Europea, está aberto o prazo atao día 15 de xuño para presentar a solicitude.  IMPORTANTE: Este proceso selectivo de candidatos para mobilidades KA102 (ciclo medio) e KA103 (ciclo superior) periodo setembro - decembro 2019 está condicionado á concesión do proxecto á Consellería de Educación. Dende aquí podes descargar o formulario para facer a solicitude, que rexistrarás na Secretaría do Centro (queda cunha copia). O baremo que se empregará para a prelación de solicitudes é este . Xunto coa solicitude cuberta e asinada deberás incluír, se tes, calquera certificación de idiomas da que dispoñas. Para calquera información adicional, mandádeme un mail a internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com Tamén estou á vosa disposición os xoves de 12 a 13 horas no Departamento de Coordinacións (1º planta do edificio ...

Reunión transnacional

Imaxe
En representación do CIFP A Xunqueira, desenvolvendo o noso Proxecto de Asociacións Estratéxicas, KA202, tres docentes do noso Centro asistiron a unha reunión transnacional en Olomouc (República Checa). Nesta ocasión o tema principal foi o interese empresarial en colaborar na FP Dual, para o que se analizaron diferentes enquisas realizadas a este colectivo. O seguinte paso será a realización de enquisas sobre o alumnado que se desenvolverá próximamente.

Novas dende Florencia

Imaxe
Naara, Paula, Dani e Brais están xa en Florencia para disfrutar, traballar e aprender... e nos envían estas fotos para darnos moita envexa!!! Aproveitade esta experiencia,  panda!!  

Inicio das mobilidades de alumnado

Esta semana o noso alumnado comeza a desenvolver as súas prácticas en empresas extranxeiras... Esperamos poder contar os seus avatares polo mundo :) Os que mais cerca quedaron son Anxo, do CS de Deseño e Amoblamento, e Jacobo, do CM de Capintería e Moble, en Vilanova da Cerveira, en Portugal. Algo mais lonxe foron Naara e Paula, do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, e Brais e Dani, do CM de Instalacións en Telecomunicacións, que marcharon para Florencia (Italia). E desafiando ao Brexit teremos en Belfast, Reino Unido, a Marcos, tamén do CM de Instalacións en Telecomunicacións. #EuroxunqueirosPoloMundo #Erasmusplus Moita sorte, panda!!!!

Seguídenos nas redes sociais!!!!

A partir de agora podédesnos seguir nas redes sociais, e así estaredes enteradísimxs de todas as novas referentes ás mobilidades do noso CIFP... Quero ver como sube o número de seguidorxs de Facebook , Twitter e Instagram :) Facebook: Erasmus A Xunqueira Instagram: erasmus.xunqueira Twitter: @a_cifp A través destas redes seguiremos as andanzas do alumnado que comeza dende xa as súas estadías no extranxeiro para desenvolver as FCTs dos seus ciclos e as futuras mobilidades de alumnado e profesorado. Estamos en marcha e a mil por hora!!!!

Previsión de mobilidade de alumnado de ciclo superior

Dende a Coordinación de Programas Internacionais estamos facendo unha previsión de prazas para o alumnado de ciclo superior que queira desenvolver para o curso que ven a FCT no extranxeiro. Se vos animades, PUBLICADE UN COMENTARIO NESTE MESMO FÍO INDICANDO O VOSO NOME, APELIDOS E CICLO QUE ESTADES A CURSAR. Facer a previón non vos compromete, nin garante que todas as persoas solicitantes poidan ir, así que animádevos!!!! Se tedes dúbidas ou necesitades máis información, comentádeo tamén! Un saudiño

Mobilidade de profesorado

A Consellería ten aberto un proceso de selección de profesorado para  UNHA mobilidade (unha para toda Galicia ) para ser desenvolvida nun país da Unión Europea. Aquelas persoas interesadas en solicitar esta praza, tedes de  prazo ata este VENRES día 15 ÁS 12 DA MAÑA  para comunicarmo.  A selección desta/e docente será desenvolvida pola propia Consellería. Por outra banda, pídenme unha comunicación sobre o noso interese de cara a mobilidades  para ser disfrutadas no curso que ven , así que tamén vos agradecería que me comentarades que persoas estades interesadas nestas mobilidades. Só lembrar que as mobilidades son INCOMPATIBLES con ter desfrutado no mesmo curso académico dunha licenza de formación. Un saudiño!

Reunión informativa

Mañá na hora do recreo teremos unha reunión informativa no Viveiro de Empresas para o alumnado de ciclo medio que vai desenvolver a FCT no extranxeiro neste próximo trimestre (abril-xuño 2019). Estará con nós Tamara Pereira, alumna de 2º CS Integración Social e ex-alumna do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, e que desenvolveu a súa FCT do ciclo medio en Italia a través dun programa Erasmus+. Un saudiño!!

Mobilidades fóra da Unión Europea

A través do Consorcio da Comsellería imos solicitar de cara ao curso que ven que alumnado e docentes de ciclos superiores poidades desenvolver mobilidades en países fóra da UE, proxecto que está por suposto, pendente de aprobación, polo que necesitamos saber se hai demanda por parte de profes e alumnado destas mobilidades, cuxo obxecto é a realización dunha breve estancia formativa nunha institución do país de acollida para formación, aprendizaxe por observación e intercambio de boas prácticas. No caso das nosas familias profesionais, os socios que oferta a Consellería non se adaptan para a familia de Madeira, Moble e Cortiza, nin para a de Automoción, que non dispón de ciclos superiores. Así, os potenciais centros de intercambio serían: -  Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade : Exipto : Mansoura University  Cabo Verde : Universidade de Cabo Verde  India : Dr. Babbasahed University  Paraguay : Universidade Autónoma de Encarnación  U...

Praza vacante de FCT para alumnado de ciclo superior

Hai unha praza vacante ofertada para desenvolver a FCT dun país da UE para alumnado de ciclos superiores. Podes descargar aquí o formulario para presentar a túa solicitude e presentalo por rexistro na Secretaría do Centro. O prazo remata o 21 deste mes, así que apura se tes interese!!! Será publicada no taboleiro de anuncios do CIFP e a baremación das mesma no caso de que houbera máis solicitudes que prazas. Despois teredes 5 días para facer as reclamacións que consideredes, e pasado ese prazo publicarase a listaxe definitiva. O baremo empregado será o establecido pola Consellería, recollido no artigo 4 da resolución . Para calquera información, poñédevos en contacto conmigo! Un saúdo, Mamen Teijido Coordinadora de Programas Internacionais

Visita de profesorado da Bretaña

Imaxe
A semana pasada recibimos a dous profesores  e tres alumnos de 3º ano do Ciclo de Carpintería do Lycée du Blavet de Pontivy, unha vila sita no centro da Bretaña (Francia). Os tres alumnos desenvolven dende o día 7 ata o 25 de xaneiro, prácticas formativas ne empresa Martínez Otero , na Estrada (Pontevedra), mentres que os dous docentes estiveron ata o día 11 desenvolvendo actividades de apoio ao seu alumnado, pero tamén realizando diferentes visitas tanto a empresas punteiras no sector da madeira ( Martínez Otero ou Cándido Hermida ) como a centros educativos nos que se imparte este ciclo de Carpintería (o noso CIFP e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez , na Estrada). Por suposto, tamén programamos visitas culturais e turísticas para os docentes, visitando Compostela, Pontevedra, A Coruña, Cedeira e Santo André de Teixido. Visitando os talleres Escaleiras de acceso a Cándido Hermida Prototipo de habitación de hotel   A Sa...

Visitas